sábado, 15 de novembro de 2014

Comentario sobre Os Dados do Reloxeiro.

Non encontrei unha mellor ocasión para ler un libro de divulgación científica coma esta tarde de choiva. Pero, dende logo este non é un libro que ofreza relaxación, senón que fai todo o contrario. Espertou a miña mente e púxoa a traballar, ao mesmo tempo que chovía tras a ventá, estaba a pasar o mesmo coas miñas ideas.Dende logo como ben comenta o autor, a sociedade actual está repleta de crenzas non demostradas que nalgún caso chégaselle a dar tanta importancia coma un dato comprobado cientificamente. E eu fágome a pregunta. Por que ía ter mais peso para alguén unha tese sen base, provinte dunha crenza abstracta ca unha tese que provén dun resultado demostrado numericamente? Iso e algo moi difícil de cambiar, xa que os ideais dunha persoa libre non se poden modificar facilmente.Seguindo a longa viaxe de información e descubrimentos que nos ofrece Xurxo, tamén nos agasalla con caricaturas ao final de cada artigo que resultan interesantes e poden dar bastante que pensar,así como bastante que rir. Aquí a miña favorita:

Sen dubida, se teño que destacar algun anaco, quedaríame con este, que pon nunha situación "simpática" dalgún xeito a situación do teletransporte. Aquí o deixo:

"Será posible no futuro a teleportación de organismos complexos? Poderemos viaxar ás illas Caimán de forma instantánea? Parece difícil, incluso na teoría. De momento as partículas teleportadas son idénticas
ás orixinais nun 75%, o resto de información pérdese no propio proceso. Por outro lado, as distribucións estatísticas de partículas nun organismo biolóxico son extremadamente complexas e non está demostrado que as leis do mundo cuántico (pequeno) se poidan aplicar
a sistemas formados por billóns de partículas. 
A fin de contas, os seres vivos somos as estruturas máis complexas que coñecemos. Star Trek aínda queda lonxe… bastante máis que as illas
Caimán". 
Recomendolle este libro a todo aquel que queira empezar no mundo do coñecemento e da razón.

por Diego Cangas (4ºA)

Sem comentários:

Enviar um comentário