sábado, 17 de janeiro de 2015

Comentario sobre Po de Estrelas.




Este libro está repleto de artigos acerca da astronomía. Explicándonos dende o que é o Sol ata o que podería ocorrer cando unha estrela se apaga. Encantoume xa que unha das miñas materias favoritas e a física e como ben digo, este libro está repleto de cousas interesantes. Aprendín cousas que nin me ía imaxinar que existían e incluso botei unhas gargalladas coas tiras cómicas que o autor deixa polo medio de cada artigo. Ata a data non sabía moito acerca da vida nunha nave espacial pero Xurxo repasa punto a punto as condicións da estancia. Sen dubida o meu favorito é o artigo no cal trata a posibilidade ou non dunha vida no exterior da Terra, porque o analiza segundo as condicións que un ser coma nos podería precisar. Eu persoalmente me pregunto que é o que pasaría se nós atravesaramos un burato negro e seguísemos vivos. Dentro do propio, xa que non ten saída, formaranse universos co absorbido? Vivimos nos dentro un burato negro? Isto so son preguntas, que o día de mañá poida que estean contestadas. Como fixen na miña anterior lectura, subirei a miña tira cómica favorita, que é a seguinte:

Por ultimo gustaríame comentar que este libro, pareceume bastante mais entretido que Os Dados
do Reloxeiro xa que trata en maior cantidade o, tema da física, que como ben dixen é a miña prioridade.

Por Diego Cangas 4ºA

sábado, 15 de novembro de 2014

Comentario sobre Os Dados do Reloxeiro.

Non encontrei unha mellor ocasión para ler un libro de divulgación científica coma esta tarde de choiva. Pero, dende logo este non é un libro que ofreza relaxación, senón que fai todo o contrario. Espertou a miña mente e púxoa a traballar, ao mesmo tempo que chovía tras a ventá, estaba a pasar o mesmo coas miñas ideas.Dende logo como ben comenta o autor, a sociedade actual está repleta de crenzas non demostradas que nalgún caso chégaselle a dar tanta importancia coma un dato comprobado cientificamente. E eu fágome a pregunta. Por que ía ter mais peso para alguén unha tese sen base, provinte dunha crenza abstracta ca unha tese que provén dun resultado demostrado numericamente? Iso e algo moi difícil de cambiar, xa que os ideais dunha persoa libre non se poden modificar facilmente.Seguindo a longa viaxe de información e descubrimentos que nos ofrece Xurxo, tamén nos agasalla con caricaturas ao final de cada artigo que resultan interesantes e poden dar bastante que pensar,así como bastante que rir. Aquí a miña favorita:

Sen dubida, se teño que destacar algun anaco, quedaríame con este, que pon nunha situación "simpática" dalgún xeito a situación do teletransporte. Aquí o deixo:

"Será posible no futuro a teleportación de organismos complexos? Poderemos viaxar ás illas Caimán de forma instantánea? Parece difícil, incluso na teoría. De momento as partículas teleportadas son idénticas
ás orixinais nun 75%, o resto de información pérdese no propio proceso. Por outro lado, as distribucións estatísticas de partículas nun organismo biolóxico son extremadamente complexas e non está demostrado que as leis do mundo cuántico (pequeno) se poidan aplicar
a sistemas formados por billóns de partículas. 
A fin de contas, os seres vivos somos as estruturas máis complexas que coñecemos. Star Trek aínda queda lonxe… bastante máis que as illas
Caimán". 
Recomendolle este libro a todo aquel que queira empezar no mundo do coñecemento e da razón.

por Diego Cangas (4ºA)

quarta-feira, 12 de novembro de 2014

Os dados do reloxeiro. - Comentario

Os dados do reloxeiro, de Xurxo Mariño Alonso, trata unha serie de temas moi diversos, pasando por asuntos de bioloxía e física ata cosmoloxía e psicoloxía.
O autor trata de facernos a lectura amena xa que está escrito con palabras cotiás.
Descúbrense un sinfín de curiosidades e as caricaturas de humor ao rematar cada artículo son un punto a favor, mais pode resultar un pouco pesado.

Exemplo dun dos fragmentos que podemos destacar: A MEMORIA DE CANDO NON EXISTIMOS.
Comentario: "Por que durmimos?" Plantéxanos esta pregunta que semella tan sinxela . "Porque estamos cansos e necesitamos reponer forzas" poder ser o primeiro que se nos ven á mente.
Aínda que durante o sono non vemos nin oímos e perdemos o tacto o cerebro e o resto do sistema nervioso seguen tendo una actividade exuberante, mais diferente á do día.
Unha das teorías máis aceptadas é que cando durmimos reorganizamos a cabeza e melloramos a memoria e o aprendizaxe. Con todo isto, podemos decir que realmente descansamos?
Nalgún momento os humanos deixaremos de necesitar unas horas todos os días para volvernos pantasmas inconscientes.
Tempo á ciencia.

por Mariña Castro (4ºB)